28
Este venres o alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, recibiu no Concello aos xogadores e xogadoras, corpo técnico e directivos do Club Baloncesto Laracha en recoñecemento á súa excelente temporada 2018-2019, na que destacan os seguintes resultados:
C.B. Laracha – M3 (sénior masculino): Campión da Copa Primavera.
C.B. Laracha – Cultiagro (infantil feminino): Disputa da fase galega.
C.B. Laracha – Clínica Diego Pérez (preminibasket masculino): Campión de Liga regular.