Recepción en Carballo á deportista Ruth Fuentefría

Ruth Fuentefría_Federación Galega de Halterofilia

  • Proclamouse campioa de España e subcampioa do mundo de halterofilia sub-17

Este venres, ás 12:00 horas, o rexedor Carballo, Evencio Ferrero, recibirá á deportista Ruth Fuentefría Sánchez tras proclamarse campioa de España e subcampioa do mundo de halterofilia sub-17. O acto terá lugar na Alcaldía.