0
Este xoves, ás 20:00 horas, houbo unha recepción oficinal na Casa do Concello de Vimianzo aos medallistas do Campionato Galego de Tiro con Arco en Aire Libre, que se celebrou a principios do mes de xuño. A este acto acudiu a alcaldesa Mónica Rodríguez, o concelleiro de deportes, Sergio Miñones e a concelleira de promoción económicae turismo, Beatriz Pazos e o concelleiro de ornato municipal, Manuel Pose Tomé. Manuel Soto Calvo, 3º clasificado en categoría sénior, Paula Vázquez Blanco, subcampioa galega en categoría cadete, ambos forman parte do Club Dousxsetenta de Vimianzo.