O alcalde, Evencio Ferrero, ofreceu unha recepción oficial a Balonmán Xiria e ao deportista Gabriel Rodríguez Colferai. O club de balonmán vén de ser recoñecido nos Premios Deporte Galego correspondentes ao período 2019-2022, na categoría de xogo limpo, pola utilización de máscara nos partidos e adestramentos do primeiro equipo para frear a expansión da COVID-19, malia non estar obrigados a facelo. Pola súa banda, o deportista do Sysca Salvamento vén de ser recoñecido como deportista de alto nivel.