A Xunta recibiu catro ofertas para a execución das obras de construción de 14 vivendas de promoción pública na parcela UA-43 P11, na rúa Aguceira en Vilarrodis, nunha parcela cedida polo Concello de Arteixo. As obras foron licitadas por 2,7 millóns de euros.
Este edificio de promoción pública contará con 14 vivendas, ademais dos correspondentes garaxes e rochos, cunha distribución deseñada para garantir que todas as estancias dispoñan de iluminación natural e vistas ao exterior, favorecendo así fogares máis luminosas, confortables e de calidade.
En concreto, disporase de nove vivendas de dous dormitorios, sendo unha adaptada para o uso por persoas con mobilidade reducida útiles. Tamén haberá tres vivendas de tres dormitorios e outras dúas de catro. Tratase dunha obra na que tamén se terá en conta a integración do edificio na súa contorna urbana.
