O comportamento futuro do coronavirus é unha incógnita, descoñécese se vai a ser estacional, como a gripe, ou se vai desaparecer como pasou co SARS no 2002. Por iso, os profesionais médicos fan algunhas recomendacións para a desescalada, e mesmo para despois do mes de xuño, cando chegue a denominada «nova normalidade». Seguirán sendo claves, din, unha correcta hixiene das mans e a distancia social. Inciden na importancia de extremar esas precaucións no ámbito sanitario e nas residencias de maiores. E non desbotan a aparición de novos brotes. Por iso, din, é fundamental facer máis tests serolóxicos que permitan valorar esa inmunidade, e entender mellor a dinámica pospandémica. Aínda que, lembran, a capacidade dos anticorpos para neutralizar o virus aínda é descoñecida.
38