Récord de chegada de inmigrantes a Canarias

2 minutes read

Máis de 17.000 inmigrantes chegaron ás Illas Canarias no que vai de ano. O aumento das restricións no roteiro do Mediterráneo fixo que centos de persoas cambien a súa traxectoria para chegar a Europa e opten por esta vía. Preto de 2.000 migrantes permanecen hacinados desde hai días nun campamento improvisado no porto de Arguineguín, en Gran Canaria, dando lugar a unha crise humanitaria dunha magnitude que a rexión non vivía desde hai 14 anos.

O arquipélago español está a alcanzar cifras de chegadas que só se deron en 2006, cando chegaron ás illas 31.678 persoas. Entre o un de xaneiro e o 15 de novembro de 2020 chegaron de forma irregular a Canarias 16.760 persoas, un 1.019% máis que no mesmo período do ano anterior. As autoridades españolas instalaron en agosto un campamento no porto de Arguineguín, en Gran Canaria. A chegada masiva de embarcacións, que se atopan xeralmente en malas condicións, fixo que as instalacións provisionais vexan excedida a súa capacidade. Previsto para 400 persoas, neste momento o campamento acolle preto de 2.000. Moitas delas teñen que durmir á intemperie. Ademais, máis de 5.000 dormen en hoteis e apartamentos turísticos.

O ministrio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, asegurou nunha visita a Canarias que o Goberno se compromete a habilitar 7.000 prazas para dar acollida ás persoas que chegaron ao arquipélago de forma irregular este ano. O ministro comprometeuse a habilitar espazos para incorporalos ao sistema de acollida, como naves ou centros educativos en desuso. A ministra española de Asuntos Exteriores, Arancha González Laya, asegurou que pedirá axuda á ONU para poder afrontar a crise migratoria.

Pola súa banda, outro ministro, o do Interior, Fernando Grande- Marlaska, atópase de visita oficial en Marrocos onde se reuniu co seu homólogo, Abdelouafi Laftit. Entre os temas que se espera abordar durante as reunións atópase a inmigración, o ministro español ha pedido a Laftit que se incremente o control dos fluxos migratorios. Grande-Marlaska mantén polo momento que non se van a trasladar persoas á penínisula. Mentres tanto, o Goberno rexional de Canarias presiona para que o Executivo de Pedro Sánchez actúe nos países de orixe para que Senegal, Mauritania, pero sobre todo Marrocos, os principais emisores de migrantes, reforcen o control das súas costas co fin de evitar a saída de embarcacións, ademais de impulsar os mecanismos de repatriación. Os fluxos migratorios sempre xogaron un papel importante na relación diplomática que ambos os paíse manteñen. É a sétima viaxe de Grande-Marlaska a Marrocos desde 2018.