Un helicóptero do Servizo de Gardacostas de Galicia localizou á vítima no mar.
Ademais, tamén foi localizado un tripulante dunha embarcación que, tras ver o accidente se desprazou ata a zona. Afortunadamente, atópase en bo estado.
Un particular foi quen, dez minutos antes das 18:00 horas deste luns contactou co 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que acaba de ver como unha embarcación estaba golpeándose contra as bateas no peirao de Chapela, Redondela. Tamén ao mesmo tempo, outro particular avisaba dunha embarcación na zona de bateas que parecía ter problemas.
De inmediato, o 112 Galicia pasou aviso a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, que desprazou ao punto un helicóptero, á Garda Civil, que derivou unha embarcación, á Policía Nacional e Local, aos profesionais do grupo acuático dos Bombeiros de Baixo Miño e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Así mesmo foron informados o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Autoridade Portuaria de Vigo, que xa tiñan constancia do suceso.
Así, tras ser localizado polo helicóptero do Servizo de Gardacostas de Galicia, o equipo acuático da Garda Civil rescatou á vítima para a súa embarcación.