0
Nada se puido facer por salvarlle a vida.
O 112 Galicia foi coñecedor do suceso uns dez minutos despois das 13:00 horas deste venres. O aviso, que foi recibido polas urxencias sanitarias, indicaba que había unha persoa falecida no río Támega, na zona da praia fluvial.
Rapidamente, desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informaron aos Bombeiros de Xinzo de Limia, ao GES de Laza e ao de Muíños, á Garda Civil, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín.
Unha vez alí, o corpo da vítima puido ser rescatado entre a dotación de bombeiros e os membros do GES de Laza, sen que nada se puidera facer por evitar o seu falecemento.