O corpo da falecida foi rescatado do peirao polos bombeiros de Vigo a bordo dunha embarcación. Foi un particular o que contactou co 112 Galicia ás 00:40 horas da madrugada deste mércores informando do sucedido. Segundo comentaba, estaba visualizando o corpo dunha persoa na auga.
Axiña, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia pasaron aviso do sucedido a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Vigo, os cales encargáronse de rescatar o corpo da muller a bordo dunha embarcación. A maiores, tamén foron informados a Autoridade Portuaria de Vigo, os axentes da Policía Nacional, da Policía Local e da Guardia Civil, así como os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vigo.
Con todo, as forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias deste suceso.