Redución do aforo no deporte profesional

1 minutes read

O Consello Interterritorial de Saúde acordou este mércores reducir ao 75 por cento a ocupación en competicións profesionais deportivas en exteriores e ao 50 por cento en recintos interiores, ante a alta cifra de contaxios provocada pola variante ómicron do coronavirus.

Deste xeito, redúcense as porcentaxes dos espectadores máximos autorizados nos partidos de LaLiga de fútbol, que se renova esta fin de semana tras o descanso de Nadal, e da de baloncesto, que xa aprazou varios encontros previstos para esta semana. Inclúe tamén medidas para evitar aglomeracións de público tanto nos accesos como nas saídas destes eventos.

A ministra de Sanidade, Carolina  Darias, detallou que será obrigatorio o uso de máscara e que non estará permitido fumar nin comer nin beber. Darias fixo un chamamento para que os espectadores cumpran estas medidas e tamén avogou por que o público que acuda sexa preferentemente local para evitar mobilizacións.