Reflotado un bateeiro afundido no porto de Bueu

0 minutes read

Investigan as causas do afundimento do Nodales no porto de Bueu. Este xoves conseguiron reflotalo con dous guindastres. Previamente, os mergulladores analizaron o estado en que se encontraba o barco para asegurar a manobra. A continuación, os guindastres elevaron o buque uns metros, a carón do peirao, e introduciron unha bomba no interior para achicar a auga que tiña dentro.

Afundiuse na Noiteboa, pouco despois de que a tripulación volvera a terra. En principio, descártase que houbese intencionalidade.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?