A Travesía Costa Balarés foi un éxito, xa que se completaron todos os dorsais tanto para a travesía longa como para a curta. A travesía longa, de 3.200 metros, partiu ás 12:00 horas da praia de Balarés, mentres que a curta, de 1.600 metros, partiu da praia de Area das Vacas, onde os nadadores e nadadoras foron trasladados en autobús. Marcos do Río, seguido de Marcos Martínez e Alberto Antelo na categoría masculina, e Belén Pombo, seguida de Catalina López e Cora Vinagre na feminina foron os gañadores na travesía longa. Pablo Gómez Limia, Aritz González e Manuel Souto en categoría masculina, e Paula Rodríguez, Sara Fernández e Irea Alén na feminina subíronse ao pódium na curta. A travesía continuará o 14 de agosto en Sisargas-Malpica, con proba puntuable tamén para o Circuito Galego de Augas Abertas.
21