Rematou a limpeza do rego de Conces ao seu paso por Neda e Fene

0 minutes read

Os traballos, iniciados a mediados do pasado mes de abril, desenvolvéronse ao seu paso por distintos lugares das parroquias de Santa María de Neda e de San Salvador de Fene.

Estas tarefas enmárcanse nas actuacións de mantemento que se veñen realizando nas áreas con risco potencial significativo de inundacións.

Os traballos centráronse na roza selectiva e retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos. Unha vez finalizadas estas actuacións, o rego queda despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.