Remata o informe sobre a intoxicación da auga de Corme

1 minutes read

Axentes do Seprona remataron a investigación que comezaron o pasado mes de outubro para tratar de determinar a posible orixe da gastroenterite que afectou a máis de 500 veciños da localidade. Algúns incluso precisaron ingreso hospitalario. Un informe que os afectados esperan coñecer con detalle nos próximos días.

Dende o Concello insisten en que, a día de hoxe, as análiticas que se continúan facendo garanten unha boa calidade da auga, despois das obras de urxencia que se acometeron.

O informe do instituto armado mantén como investigadas cinco persoas. Agora será a xustiza a que determine se os feitos son, ou non, constitutivos de delito.