Remata o mandato en Carballo cun pleno de trámite

1 minutes read

O alcalde, Evencio Ferrero, aproveitou para despedir aos concelleiros que deixarán a corporación, caso de Aurelio Núñez, do Partido Popular, e de Estefanía Canosa, de Terra Galega. Ferrero desexoulles “o mellor” e agradeceu o esforzo e o traballo que lle dedicaron ao Concello no tempo que foron “dignos representantes de todos os carballeses e carballesas”. “Moitas grazas”, engadiu, “polo clima de diálogo e por pensar en positivo e no mellor para Carballo”.

Aurelio Núñez afirmou que para el “foi unha honra pertencer a esta corporación e poder representar á cidadanía de Carballo nestes seis anos e medio últimos”. O representante popular tamén tivo palabras de agradecemento para os traballadores e funcionarios municipais por “todas as facilidades que lle deron ao grupo do PP para levar a cabo a súa labor”, así como a todos os compañeiros do pleno: “Creo que formamos unha corporación con bo ambiente, en positivo”.

Estefanía Canosa despediuse asegurando que leva “unha lección importantísima” dos seus anos na corporación, nos que cree que Terra Galega fixo “una oposición construtiva, sen faltarlle o respecto a ninguén”.