Rematada a instalación de 80 trampas para velutinas en Cabana

1 minutes read
  • Situáronse en zonas de sensible concentración como o CPI As Revoltas ou os parques infantís

O Concello de Cabana de Bergantiños rematou a instalación de 80 trampas contra a avespa velutina en espazos públicos municipais como a contorna do CPI As Revoltas, os parques infantís ou as zonas verdes. O día 30 de marzo realizarase o primeiro reconto de raíñas capturadas para manter un seguimento da efectividade da iniciativa.

De forma paralela, o Concello tamén comezou a distribución de trampas e líquido atraínte de insectos entre as persoas que xa fixeron a súa solicitude. A cada persoa correspóndelle un dispositivo e un litro de líquido que poderán renovar de xeito gratuíto. O persoal da Policía Local encárgase da entrega a domicilio deste paquete de obxectos, que deben instalarse en zonas próximas a antigos niños ou a flores, especialmente camelias.

As persoas interesadas en unirse á campaña de trampeo poderán facelo ata o 31 de maio a través da páxina web do Concello, www.cabana.gal.