Rematada a mellora do aspecto exterior da Casa Consistorial do Pino

1 minutes read

En concreto, a intervención acometida na sede consistorial consistiu no adecentamento da fachada principal, sobre a que se levaron a cabo tarefas de repintado e limpeza co fin de renovar e mellorar a súa imaxe exterior, coa primeira convocatoria da orde de axudas para corrección de impactos paisaxísticos en edificios, dependencias e equipamentos públicos municipais. Tratouse dunha aposta do Concello do Pino por implantar a cultura do fermosismo neste municipio, un obxectivo no que se enmarca a intervención executada recentemente sobre a fachada da Casa Consistorial grazas a unha axuda de 24.000 euros da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.