31
- A actuación tivo un orzamento de 32.764,45 euros, financiados a través do Plan Único da Deputación
O Concello de Camariñas rematou as obras de mellora das transversais á rúa Flaire, en Camelle, que contaron cun orzamento total de 32.764,45 euros. A alcaldesa, Sandra Ínsua; o concelleiro de Obras, Sergio Caamaño e a concelleira Begoña Tajes acudiron ao acto de recepción das mesmas.
Os traballos incluíron a mellora do pavimento das rúas e a renovación da rede de saneamento, coa construción dunha nova rede de pluviais.
Dentro deste proxecto, financiado a través do Plan Único da Deputación da Coruña, levouse a cabo a urbanización das rúas anteriormente mencionadas, co obxectivo aumentar a seguridade dos peóns e acondicionala para persoas con mobilidade reducida.