Rematou o derradeiro debate do estado da autonomía desta lexislatura

1 minutes read

En total presentáronse 200 propostas de resolución e quedaron aprobadas 58. Entre as propostas aprobadas destacan varias para loitar contra a violencia machista, tamén unha na que o Parlamento insta ao Goberno central a que lle pague a Galicia os 700 millóns de euros que reclama o Goberno galego, e que considera importantes para pagar e financiar os servizos sociais; esta proposta foi aprobada coa abstención do PSdeG e do Bloque Nacionalista Galego.Tamén outra proposta de resolución na que o Parlamento destaca a súa solidariedade co pobo de Venezuela. Esta foi aprobada cos votos en contra do Bloque Nacionalista Galego e do grupo Común da Esquerda.