Remontada do Fisterra en Ribadumia, 1-2


Apoteósica remontada da SD Fisterra ante o Ribadumia, que inxecta moral e ilusión para seguir na pelexa pola permanencia. O Ribadumia golpeaba primeiro despois dun saque de curruncho e impoñía o 1-0 no marcador. Tras un gran centro de Nathan, Juan de Dora marca o 1-1 ao fío do descanso. Tras o paso polos vestiarios o Fisterra recompúxose e desfrutou de numerosas ocasións, nunha delas sería Álex Ramos quen marcaría un espectacular gol que lle daría a vitoria ao equipo visitante para seguir soñando coa permanencia na Terceira.