28
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de irixoa, Antonio Deibe, supervisaron as obras de mellora de reforma da cuberta realizadas no centro de saúde do municipio que contaron cun investimento de máis de 18.000 euros. Ademais, tamén se levará a cabo a rehabilitación da fachada lateral cun investimento que supera o 11.000 euros.
O representante do Goberno galego puxo en valor a mellora da calidade asistencial do centro de saúde para facilitar o seu uso por parte dos veciños e destacou o esforzo inversor para acondicionar o edificio municipal no que se presta o servizo sanitario aos veciños de Irixoa.