Renovada a eficiencia enerxética en 24 cadros eléctricos de Zas

Co obxectivo de conseguir unha iluminación pública máis eficiente, o Concello de Zas vén de investir un total de 24.247€ na mellora de 24 cadros eléctricos do alumeado público. A actuación levouse a cabo nas distintas parroquias do municipio.

Os cadros substituíronse por outros máis modernos que contan cun sistema de control que permite acender e apagar as luminarias. Estímase que esta renovación supoña un aforro tanto no consumo eléctrico como nos gastos de mantemento e avarías.

Esta actuación súmase ás xa realizadas polo goberno de Manuel Muíño en materia de eficiencia enerxética no que tamén se levaron a cabo en anos pasados no que se iniciou a renovación das lámpadas de vapor de sodio por halóxenos de maior rendemento.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha