Renovadas as pasarelas de acceso aos areais e das varandas de madeira das praias de Razo e Pedra do Sal

O Concello de Carballo vén de realizar un investimento de 111.383,40 euros na renovación das pasarelas de madeira a través das cales se realizan os accesos ás praias de Razo e Pedra do Sal, así coma aos postos de salvamento e socorrismo ou, no primeiro caso, tamén á bibliopraia e ao miradoiro.

O proxecto incluíu, ademais, a renovación de case cen metros de varandas, e na praia de Razo, ademais, construíuse un novo miradoiro, de 6,50 x 2,50 metros. Como novidade, nas dúas praias tamén se estrearán o próximo verán pasarelas accesibles enrolables, tamén de madeira, que ofrecen flexibilidade, adaptabilidade ao terreo irregular e facilidade de uso, ademais de proporcionar un acceso seguro e cómodo, e de ser fáciles de instalar e de almacenar.

As obras que realiza o Concello de Carballo coinciden coas que está levando a cabo tamén o Ministerio para a transición ecolóxica e o reto demográfico, a través da Demarcación de Costas, para frear a erosión dos noiros, por unha banda, e mellorar a calidade ambiental do espazo natural de Razo-Baldaio, pola outra.

Related posts

A conselleira de Política Social e Igualdade visitou os cinco usuarios da nova casa do maior da Campara, en Ponteceso

Íntegro promove a participación de persoas mozas e maiores na segunda edición do proxecto ‘Saberes e Sabores’

Afaber continúa co proxecto “Escola de Coidadoras/es”