A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de renovar o tramo do peche perimetral do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco situado arredor do campo de fútbol do centro.
As obras desenvolvéronse nos últimos días sen causar molestias á comunidade educativa máis aló de acotarse a zona afectada por cuestións de seguridade. Ao tratarse da eliminación do muro antigo e a colocación de novas estruturas prefabricados, os traballos foron executados con celeridade.
O Concello da Laracha aplaude a execución deste proxecto por parte da Xunta de Galicia por tratarse dunha actuación demandada polo goberno local para mellorar as instalacións do colexio e foi reforzar a seguridade nesa zona de xogo para os alumnos do centro.
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional beneficiárase dunha bonificación do 95% no imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO) aprobada polo Concello da Laracha ao tratarse dunha actuación considerada de especial interese ou utilidade municipal.
41