O conxunto do Racing de Ferrol saíu mellor plantado de inicio ao terreo de xogo, de feito, froito dese dominio, ao cuarto de hora adiantáronse no electrónico grazas a un gol de Joselu ao rematar ao primeiro pau un bo centro desde a dereita de Seoane. O gol pareceu espertar ao equipo que dirixe Yago Iglesias, e mesmo puideron marcharse ao descanso logrando empatar a contenda, pero o meta local Diego Rivas impediuno en varias ocasións. Tamén os locais contaron con algunha ocasión para ampliar a vantaxe. Os segundos 45 minutos empezaron de maneira inmellorable para o Compostela, xa que aos dez minutos logrou o empate desde os once metros, ao aproveitar Pablo Antas a pena sinalada polo colexiado tras a “man” do defensa racinguista Yeferson Quintana. Ao final repartición de puntos no derbi da xornada da categoría de bronce, que deixa máis contentos aos santiagueses por rascar un punto nun campo difícil.
34