34
Unha concentración tivo lugar diante dos xulgados de Lugo tras a agresión a unha muller trans á que supostamente tiraron dende o alto da muralla. A Asociación de Familias de Menores Trans de Galicia convocou este acto de protesta para denunciar este caso e solidarizarse coa familia da vítima. Pero tamén para reclamar asesoramento e apoio para todas as persoas que sofren violencia pola súa condición sexual.