Requisadas varias especies e artes de enmalle na ría de Camariñas

Foto.- Gardacostas.

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, incautaron máis de 6.700 metros de artes de enmalle e requisaron máis de 70 quilos de distintas especies na ría de Camariñas. A Consellería do Mar lembra á cidadanía que o consumo de produtos extraídos e comercializados de xeito irregular pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso, pide aos consumidores que non merquen produto fóra das canles legais de comercialización.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha