Rescatadas dúas persoas ao seren arrastradas pola forza da auga en Oleiros

1 minutes read

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso pouco antes das 17,00 horas, cando recibiu unha chamada dun particular que alertaba que o seu fillo saíra de paseo coa noiva en piragua e que non era capaz de ver a ningún dos dous ocupantes da embarcación. Así, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) alertou a Salvamento Marítimo, que enviou ao lugar ao helicóptero Pesca I. Tamén ata a zona desprazouse unha embarcación de intervención rápida. Ademais, o CIAE solicitou a colaboración do Servizo de Gardacostas de Galicia, dos servizos sanitarios, da Garda Civil, da Policía Local e dos membros de Protección Civil da localidade.