Rescatado o corpo sen vida dun veciño de Arteixo nunha praia da vila

1 minutes read

O corpo sen vida dun veciño de Arteixo foi rescatado da auga na tarde deste domingo polo equipo de intervención de Salvamento Marítimo.

Unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para solicitar axuda para un home en apuros dentro da auga na Praia de Repibelo, durante a comunicación cos xestores do 112, o alertante dicía que un surfista intentou sacar o varón da auga pero, sen éxito.

De inmediato, desde o Centro integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia púxose en marcha un operativo que contou coa participación dos profesionais sanitarios, de Salvamento Marítimo, de Gardacostas de Galicia, dos axentes da Policía Local e dos efectivos de Protección Civil de Arteixo.

Así, o home foi rescatado e trasladado ao Aeroporto de Alvedro pola tripulación do Helimer. Desafortunadamente, os efectivos de emerxencia informaron que soamente se puido confirmar o seu falecemento.