Rescatado un parapentista tras quedar prendido nunha árbore en Ferrol

1 minutes read

Os servizos de emerxencia rescataron unha persoa que quedou prendida nunha árbore mentres practicaba parapente entre a praia de Doniños e Cabo Prioriño, no concello de Ferrol.

O suceso tivo lugar na tarde deste domingo. Unha persoa particular chamaba ao 112 Galicia para informar do acontecido. No seu relato informaba dun parapentista que quedara nunha árbore.

Con estes datos, os xestores de emerxencias alertaron e puxeron os feitos en coñecemento do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ferrol e da Garda Civil. Do mesmo xeito, informouse da situación ao persoal do Aeroporto da Coruña e ao Servizo Aéreo de Rescate.