41
Pasadas as tres da tarde deste domingo un pescador de Santa Comba tivo que ser rescatado nunha zona de cantíl na Punta da Buitra en Muxía. Dous acompañantes diron a voz de alerta ao atopar o coche só e non ver ao pescador, que localizaron pasados uns minutos.
A través do 112 Emerxencias Galicia movilizouse a Policía Local, Protección Civil, Garda Civil, unha ambulancia do 061 e ao helicóptero de Salvamento Marítimo, que ao final nón tivo que intervir, dado que foi rescatado por terra.