Rescatado un polisón que ía agochado nun cargueiro e saltou preto das Cíes

0 minutes read

Un operativo da Garda Civil colaborou no rescate dun polisón que viaxaba agochado nun cargueiro de vehículos procedente de Tánxer. O mozo, de entre 20 e 30 anos e orixe magrebí, lanzouse ao mar cando o buque fondeou preto das Illas Cíes. Rescatouno a propia tripulación do buque ata que se fixo cargo del unha patrulleira da Garda Civil. A continuación evacuárono ao hospital Álvaro Cunqueiro. É a segunda vez que un polisón consegue coarse nesta ruta.