Rescatados catro ocupantes dun turismo accidentado na AG-55, en Arteixo

1 minutes read

Este accidente rexistrouse no quilómetro 12 da AG-55, en Loureda, e os bombeiros de Arteixo tiveron que axudar saír aos catro ocupantes do turismo.

Varias persoas que circulaban polo punto informaron aos xestores do 112 Galicia do acontecido minutos despois das 9 horas deste venres. O único coche implicado quedara envorcado lateralmente e observaban xente no interior, aínda que nese momento eran incapaces de confirmar se podían saír polos seus propios medios.

Os Bombeiros de Arteixo chegaron rapidamente ao punto e asistiron aos catro implicados sen ter que usar o seu material de excarceración.

Neste operativo participaron, ademais, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.