Rescatados dous deportistas que participaban nunha proba de caiac na Coruña

1 minutes read

Dous participantes da proba Ocean Race de piragüismo da Coruña tiveron que ser rescatados este sábado. Na competición participaban 50 caiacs entre o Orzán e o porto de Oza. Ao remate da proba faltaban dúas embarcacións que non chegaron á meta. A lancha pneumática que cubría a proba encargouse de realizar un primeiro rastrexo. Tamén desde terra voluntarios de Protección Civil das Pontes e Bombeiros da Coruña participaron no dispositivo.  Desde o centro de coordinación de Salvamento Marítimo pediuse a colaboración desde o aire do helicóptero Helimer 402 que foi quen localizou un dos caiacs envorcado. O seu tripulante estaba na auga con síntomas de hipotermia. Unha embarcaicón da Cruz Vermella foi a encargada de rescatalo da auga. Levouno ata o porto de Oza onde unha ambulancia agardaba para trasladalo de inmediato ao CHUAC. O outro deportista foi localizado en terra en boas condicións.