Rescatados por surfeiros un pai e a súa filla logo de que a corrente os arrastrase na praia Area Maior de Malpica

0 minutes read

Ao redor das 18.15 horas deste venres, segundo confirmou o 112 Galicia, un particular alertou de que un home de mediana idade e unha nena de sete anos estaban a ser levados pola corrente no areal. Entón, avisou de que ía intentar efectuar o seu rescate con táboas de surf. Igualmente, a central de emerxencias comunicou o aviso a Salvamento Marítimo, así como á Policía local, á Garda Civil, a Protección civil e ao 061. Finalmente, informaron de volta de que xa foran rescatados e fóra de perigo. Tampouco necesitaron asistencia sanitaria.