Rescatan a dous bombeiros mergulladores no río Miño


Dous bombeiros mergulladores tiveron que ser rescatados despois de quedar illados no río Miño, nunha rexión próxima ás Termas do Muíño, en Ourense. Malia as complicacións para acceder ao punto no que se atopaban, non foi necesario o traslado ata o centro hospitalario xa que ambos encontrábanse ben.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, os mergulladores pertencían ao operativo de busca dunha muller desaparecida e, ao ser sorprendidos polas condicións do entorno fluvial, remataron illados nunha zona de difícil acceso.

Así, nada máis ter constancia do sucedido, tras a chamada de alerta da Policía Nacional, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisouse decontado aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Gaicia-061, aos axentes da Policía Local, aos membros de Protección Civil de Ourense e a empresa xestora do encoro de Velle. De feito, esta última, tratou de regular o caudal do río para facilitar o rescate dos mergulladores.

Finalmente, os bombeiros puideron abandonar a zona coa axuda dunha moto de auga.

Desde o 112 avisouse igualmente ao Servizo de Gardacostas de Galicia por se fose necesaria a súa colaboración.