37
- A vítima, que resultou ilesa, estaba no interior dun pozo de 4 metros de profundidade
Os equipos de intervención e rescate liberaron este venres a un home que quedou atrapado no interior dun pozo de formigón duns 4 metros de profundidade en Baiona, concretamente nunha zona de monte próxima a Cabo Silleiro. O 112 Galicia tivo constancia dos feitos sobre as 17:45 horas grazas á Protección Civil de Val Miñor.
Os efectivos do GES da propia comarca empregaron unha escada para sacar ao home do tubo e, afortunadamente, a vítima resultou ilesa.