Responsabilidade e máis medios, craves fronte ao coronavirus

4 minutes read

O presidente do goberno Pedro Sánchez decretou o estado de alarma, desde este sábado 14 de marzo de 2020, para facer fronte á propagación do Coronavirus e durante os seguintes 15 días. Unha vez aprobado no Consello de Ministros, debido a que “o covid19 é unha emerxencia que ataca a saúde de todos e non entende de fronteiras”.

A situación actual de avance imparable da epidemia de Coronavirus en España, fai que teñamos como obxectivo clave e fundamental, frear a curva epidémica, para mitigar na maior medida posible, os efectos da enfermidade.

Por tanto, unha retardación na evolución dos infectados por covid19 permitirá unha mellor xestión do problema, e aínda que acabe afectando ao mesmo número de persoas, non traerá o caos ao noso sistema de saúde. A curva evolutiva do número de contagios sería entón máis sinuosa, e non tan “picuda”, como apuntaba Fernando Simón, director do Centro de emerxencias e alertas sanitarias do Ministerio de Sanidade.

O escenario no que nos atopamos ten como prioridade tanto a protección das persoas vulnerables, como o evitar o rápido ascenso da curva epidémica, co consecuente colapso dos servizos sanitarios.

Pero, por que é máis perigos o covid19 que a gripe común? A pesar de ter o coronavirus un índice de mortalidade relativamente baixo, e que a afectación maior do mesmo se de en maiores con patoloxías previas de base ( cardiópatas, enfermos crónicos respiratorios, etc), provoca máis ingresos hospitalarios e necesita de maiores recursos, a máis diso non existir vacina aínda.

Nestes momentos atopámonos ante 2 alicerces fundamentais para a contención da enfermidade. Por unha banda, urxe a necesidade de responsabilidade e disciplina social. É moi importante o quedarse na casa para minimizar riscos. Desta maneira evito contaxios, non acudo ao hospital e deixo libre unha cama para outro que a necesite.

Á vez que esiximos dereitos, debemos exercer deberes, nun exercicio de co-responsabilidade mutuo e que entraría en simbiose perfecta. Sería un exemplo da maioría de idade, como sociedade, do pobo español.

Por outra banda, os diferentes organismos públicos con autoridade na materia deben dotar de máis e mellores medios tanto aos hospitais como aos profesionais sanitarios. Da man dunha maior dotación debe camiñar unha maior racionalización do servizo, producindo un reforzamento dos puntos susceptibles de sufrir un desbordamento.

Médicos e enfermeiras, quen está realizando un magnífico labor, cunha entrega e profesionalidade encomiables, din que xa hai escenarios de brutal carga de traballo (Comunidad de Madrid e País Vasco), apuntando a que hai que diminuír a taxa de infección pero que se actuou tarde.

Está a dotarse de medios suficientes e formación aos profesionais sanitarios?

Na comunidade autónoma de Madrid hai hospitais sen camas, faltan máscaras e outros medios de prevención, o que pode expoñer gravemente aos profesionais da saúde. Desde o Ministerio de Sanidade informaban que están a traballar para dotar de produtos sanitarios. Mentres tanto, as comunidades autónomas reorganizan os servizos e a distribución de camas.

O mércores, 11 de marzo empezou a repartición de 410.000 máscaras cirúrxicas e de protección respiratoria. Destas, 130.000 unidades son para a C.A de Madrid. Nos próximos días haberá medio millón de máscaras e está prevista a compra internacional de cantidades maiores.

O goberno central ha decidido adiantar 2.800 millóns dos pagos a conta ás comunidades autónomas co obxectivo de reforzamento nos diferentes sistemas sanitarios. Ademais desta cuantiosa inxección económica, úneselle a aprobación dunha norma reguladora dos prezos dos medicamentos e material sanitario esencial, fixando, chegado o caso, os prezos máximos de venda ao público. Ademais, dispoñerase de aproximadamente 1.000 millóns de euros do fondo de continxencia para facer fronte ás intervencións cirúrxicas consideradas prioritarias polo Ministerio de Sanidade.

Por tanto, un paquete de medidas que axudarán a solucionar o problema pero que non son suficientes e deben ser máis. O problema que afrontamos urxe de mobilización inmediata de medios e o acortamiento máximo nos prazos de entrega. Sen esquecer nosa enorme cota de responsabilidade como cidadáns, quedándonos na casa (repetido como un mantra ata a saciedade nas últimas horas) e cumprindo as normas elementais que xa somos capaces de recitar de corrido (lavarse as mans con frecuencia, toser sobre o cóbado e evitar levar as mans á cara). Axudará moitísimo a superar esta primeira fase da pandemia e colocaranos nunha situación mellor, con obxecto de alcanzar a vitoria final #ante o covid19.E como sinalabamos nun artigo anterior, manteñamos a calma e non caiamos en histeria colectiva.

Sairemos desta e reforzados.

ALEJANDRO LUÍS OTERO JAMARDO