Retomados en Carballo os cursos sobre o manexo de teléfonos móbiles entre a terceira idade

1 minutes read
  • O primeiro impártese xa en Sofán, pero o prazo de inscrición segue aberto coa intención de levar a formación a todas as parroquias

A concellaría da Terceira Idadade do Concello de Carballo volveu retomar os cursos de aprendizaxe sobre o uso dos teléfonos móbiles. No mes de marzo do 2020 desenvolvérase unha das sesións en Sofán pero, tras a declaración do Estado de Alarma, as actividades foron suspendidas. Agora, voluntariado da Cruz Vermella imparte de novo esta formación, que tamén se levará a cabo en diferentes parroquias.

As inscricións poden formalizarse nas asociacións ou consellos parroquiais, na biblioteca Rego da Balsa ou a través deste formulario. En función do número e o lugar de residencia dos veciños inscritos elaborarase un calendario dos cursos en cada centro social. En cada grupo poderán participar 15 persoas. Impartiranse tres sesións de dúas horas de duración cada unha.

O alcalde, Evencio Ferrero, e a concelleira de Terceira Idade, Mar Eirís, visitaron esta semana as primeiras clases en Sofán.