A xerente da sociedade estatal “Suelo Empresarial del Atlántico, S.L.”, (SEA) Beatriz Sestayo, mantivo unha reunión coa voceira e candidata socialista da Laracha, Paloma Rodríguez, na que lle expuxo a situación actual do parque empresarial e as xestións xa realizadas por SEA no referente á futura ampliación.
Paloma Rodríguez mostrou o seu máximo interese polo polígono e quixo coñecer de primeira man a situación da ampliación, unha cuestión para a que ofreceu a súa máxima colaboración.
Neste sentido, Beatriz Sestayo confirmou que SEA xa dispón do primeiro avance do estudo de viabilidade da ampliación, ante a convicción da “necesidade de ampliar o chan industrial no municipio”.
O estudo, segundo apuntou, está pendente de incorporar distintas informacións solicitadas, entre as que figuran unha cuestión vinculada a Augas de Galicia e outra relacionada cos dereitos mineiros da localidade, que resulta fundamental para abordar as dimensións da posible ampliación.
Pola súa banda, a voceira socialista comprometeuse a axudar a achegar a información da que dispoña o Concello da Laracha a fin de colaborar no impulso do polígono.