Reunión do PP de Carballo coas entidades deportivas locais

2 minutes read

Aurelio Núñez e Rubén Lorenzo mantiveron unha reunión cunha ampla representación das entidades deportivas do concello no edificio do Fórum.
Explicaron que, a promoción do exercicio físico do deporte é vital en todas as idades. A proposta aséntase sobre tres puntos: incrementar as axudas económicas, reducir os trámites burocráticos e construír novas instalacións deportivas.


«É evidente que o deporte de base creceu de xeito exponencial e necesita máis axudas. Non pode haber ningunha nena nin neno de Carballo que quede sen practicar o seu deporte favorito e para iso é necesario incrementar as cantidades que cada ano se destinan no orzamento para a colaboración con clubs, escolas e entidades».


Igual de necesario é construír novas instalacións, “xa que o goberno do BNG no construíu nin a primeira nos últimos 16 anos”. O compromiso é renovar as que xa hai, pero sobre todo crear novos espazos para camiñar cara una rede de instalacións deportivas especializadas, posibilitando que cada disciplina dispoña das mellores condicións e o maior número de horas para adestramentos e competicións.
Máis exercicio, menos trabas burocráticas.


Todas as entidades deportivas desenvolven un traballo fundamental no día a día, Aurelio Núñez considera que a tarefa principal dun goberno municipal ten que ser facilitarlle ese traballo. A contribución económica é importante, pero tamén o é todo o proceso posterior. “Queremos que os clubs e as entidades se ocupen das deportistas e dos deportistas e que deixen de estar preocupados polo papeleo”.
O PP propón para isto unha fórmula que xa emprega dende hai anos a Fundación Deporte Galego. Trátase de transformar as subvencións e convenios en contratos de patrocinio. Con criterios claros e transparentes. Con convocatoria pública aberta a todos os clubs e entidades e aspectos a valorar tralo consenso previo cos os interesados.


“Pódese facer e ímolo facer. Xa está ben de trámites burocráticos para xustificar subvencións. Os clubs non son xestorías administrativas, teñen que centrar os seus esforzos en ocuparse única e exclusivamente do exercicio físico e do deporte”, apuntou Rubén Lorenzo.