Rexistrado un movemento sísmico de magnitude 3.5 en Triacastela

0 minutes read

O Instituto Xeográfico Nacional informou na madrugada deste luns ao 112 Galicia dun movemento sísmico de magnitude 3,5 en Triacastela.

Tan só unha persoa particular contactaba sobre a unha e media da noite co 112 Galicia para informar dos feitos, desde Pedrafita do Cebreiro.
 Indicaba que á 01:25 horas notara un tremor durante un momento. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia polo Instituto Xeográfico Nacional, o sismo tivo lugar á 01:23 horas.