Roberto Verino ingresa na Real Academia Galega de Belas Artes

1 minutes read

Verín foi o lugar escollido para este acto de Ingreso, xa que forma parte da marca que creou o modisto en 1982. «Para min é moito máis que un concello. Verín forma parte do meu nome, da miña marca, da miña vida. É como ese compañeiro – que oxalá tivésemos todos – que percorre a vida ao teu lado» reflexionou o modisto en agradecemento ao seu pobo, que lle provoca «este sentimento de orgullo, de pertenza sincera que me acompaña e que entendín que tiña e teño que proxectar no mundo da moda».

De Verín tomou o nome, pero tamén é o lugar que escolleu para construir unha industria textil coa que chegou a converterse no segundo español (despois de Balenciaga) en abrir unha tenda en París, a vender nunha vintena de países ou ser un dos referentes do exitoso grupo de deseñadores do Galicia Moda.