Rosa Quintana visita este luns Corme e Cabana

0 minutes read

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, visita este luns o peirao de Corme para informar das axudas que ten a disposición o sector para melloras nas infraestruturas portuarias e lonxas. Acto seguido, tamén visitará as instalacións da Agrupación de Mariscadoras Río Anllóns e manterá un encontro coas representantes da Agrupación na súa sede.