Rouban o motor de dúas lanchas no porto de Caión

0 minutes read

Persoas descoñecidas cortáronos cunha radial da que quedaron restos ao pé das lanchas. Os dous motores de preto de cen cabalos superan os 15.000 euros de valor, a maiores dos desperfectos que fixeron nas embarcacións. Veciños do lugar afirmaban que non é o primeiro roubo e temen que non sexa o último, debido en parte a falta de medidas de seguridade que hai no porto. A Garda Civil iniciaba unha investigación que, segundo se puido saber, está encamiñada a que máis cedo que tarde dea os seus froitos interceptando ao autou ou autores deste roubo.