En Primeira Persoa é unha idea orixinal do Partido Popular de Galicia na que diferentes candidatos teñen a oportunidade de ser entrevistados nun formato directo, dinámico e adaptado ás novas formas de comunicación. O obxectivo co que se plantexan estas entrevistas é que os veciños poidan coñecer á persoa que hai detrás do político e escoitar aos seus candidatos nun formato informal e próximo, mais aló de discursos políticos e ideoloxías. Rubén Lorenzo Gómez é o candidato do PP á alcaldía de Carballo.
Rubén Lorenzo: “Boto en falta que Carballo resucite despois de máis de 20 anos cun mesmo proxecto que xa está esgotado”.
- O candidato do PP á alcaldía de Carballo defínese como unha “persoa empática e tranquila”, alguén que non se “altera facilmente” e capaz de manter a calma nos momentos máis complicados. Calidades importantes nun momento no que “estamos a vivir un cambio de madurez na política”
- Consciente de que o primeiro que debe facer como candidato é “coñecer as necesidades e as demandas dos carballeses”, algo no que recoñece que leva traballando moito tempo, Lorenzo asegura que “Carballo ten que recuperar a esencia do que é e do que nunca debeu deixar de ser, Carballo ten que volver ser a locomotora da Costa da Morte, ser o nexo de unión entre a comarca e a cidade da Coruña”.
- Amante do “carácter emprendedor” que teñen os carballeses, aos que define como persoas “moi traballadoras” e da “espectacular franxa costeira” da súa localidade, o candidato popular lamenta que o municipio teña que soportar nos últimos anos as consecuencias de como se debilita o sector comercial que sempre tivo.
- “Boto en falta máis ambición. Boto en falta un Carballo máis vivo, máis esperto, boto en falta que Carballo resucite e reviva despois de máis de 20 anos cun mesmo proxecto político que xa está esgotado”, dixo.
- Centrado na la campaña case as 24 horas, Lorenzo recoñece que, cando se quita o ‘traxe de candidato’, “o tempo libre que teño é para o meu fillo. Eles son os máis prexudicados de que os candidatos deamos o paso e asumamos esta responsabilidade. Creo que a prioridade debe ser dedicarlle tempo a la familia”.