Anunciou que o fará co aumento nun 20% máis os ciclos e outro 25% adicional o número de prazas. Rueda referiuse ao éxito que está experimentando a Formación Profesional na última década, o que a converte en sinónimo de aprendizaxe, adaptación á nova realidade laboral e empregabilidade. Neste senso, salientou que hai un 70% máis de matriculados que en 2009, e destacou unha inserción laboral inapelable, que se sitúa por riba do 80% na FP ordinaria e chega case o pleno emprego na FP Dual. Sobre os másteres da FP destacou que ademais de ser un trampolín cara un posto de traballo, tamén supón unha oportunidade de especialización, sobre todo, naquelas profesións de alto valor engadido. De aí a oferta e o incremento do 26% no número de prazas que se ofertan para o vindeiro curso. Os alumnos interesados nesta alternativa, poderán elixir entre 16 titulacións diferentes, algunhas delas novas como a de Materiais compostos na industria aeroespacial.
29