Rueda avanza que nas vindeiras semanas se incorporarán 72 novos médicos de familia

1 minutes read

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que nas vindeiras semanas vanse incorporar 72 novos médicos de atención primaria a postos de difícil cobertura a través do sistema de concurso que lles permite ter acceso á condición de persoal estatutario fixo sen necesidade de realizar un exame. De feito, mañá sairá publicada no Diario Oficial de Galicia a resolución do tribunal do proceso selectivo coa relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas e as súas puntuacións para proceder de inmediato á elección de prazas de difícil cobertura.

E, a partir do luns, ábrese o período de elección de praza de forma telemática entre os postos de difícil cobertura das distintas áreas sanitarias (23 prazas na área de Ourense, Verín e O Barco; 15 en Santiago de Compostela e A Barbanza; 11 en Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; 8 en Ferrol, 7 en Vigo; 5 na área de Pontevedra e O Salnés e 3 na Coruña e Cee).

O obxectivo é seguir traballando para paliar o déficit de profesionais que hai nalgunhas especialidades e cubrir “prazas de difícil cobertura que levaban moito tempo vacantes”, indicou o presidente.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?