Rueda garante que a loita contra o cambio climático será unha prioridade

1 minutes read

Así o explicou durante a súa participación da xornada Cambio climático e as súas moitas consecuencias, organizada polo club Periodismo 2030 dentro dun ciclo de xornadas sobre distintas transformacións que afectan á sociedade. Na súa intervención, o titular do Executivo galego en funcións indicou que “en Galicia temos avanzado bastante nestes anos e contamos cun sector empresarial, ademais, moi concienciado na súa responsabilidade e obriga de aportar, sen perder capacidade económica”.

Con todo, tal e como apuntou Rueda, aínda queda moito por facer. “Imos seguir por ese camiño, seguir concienciando a todo o mundo, sobre todo á xente moza, e seguir agradecéndolle aos sectores económicos que entendan que isto é algo irrenunciable e, ao mesmo tempo, pedir responsabilidade, ser realistas e pensar que a vida nos territorios ten que seguir existindo”, concluíu.